Jump to: Menu | Corpo | Pe

Buscador

máis opcións
menos opcións

Axenda

  1. Lu
  2. Ma
  3. Me
  4. Xo
  5. Ve
  6. Sa
  7. Do
  1. 27
  2. 28
  3. 29
  4. 30
  5. 31
  6. 1
  7. 2
  8. 3
  9. 4
  10. 5
  11. 6
  12. 7
  13. 8
  14. 9
  15. 10
  16. 11
  17. 12
  18. 13
  19. 14
  20. 15
  21. 16
  22. 17
  23. 18
  24. 19
  25. 20
  26. 21
  27. 22
  28. 23
  29. 24
  30. 25
  31. 26
  32. 27
  33. 28
  34. 29
  35. 30
Inicio > Oferta Educativa > Educación Secundaria    < volver

Educación Secundaria

Os alumnos de ESO atópanse nun momento importante do seu proceso educativo, polo que debemos colaborar no seu desenvolvemento e orientar a súa aprendizaxe, co obxectivo de conseguir neles unha maior autonomía, responsabilidade e conciencia social.

Os alumnos de ESO atópanse nun momento importante do seu proceso educativo, polo que debemos colaborar no seu desenvolvemento e orientar a súa aprendizaxe, co obxectivo de conseguir neles unha maior autonomía, responsabilidade e conciencia social.

Tanto o rendemento académico como o correcto comportamento no centro, serán normas básicas do Colexio.

Os alumnos de ESO tamén realizan actividades complementarias para a súa formación, dentro e fóra do centro, colaborando e participando en programas promovidos pola Xunta, Deputación ou Concello.

Aquí atopará o profesorado de Secundaria

 

1.- Coa finalidade de axudar a mellorar os resultados escolares daqueles alumnos que presentan algunhas dificultades na súa aprendizaxe, o centro imparte clases de apoio e reforzo gratuítas en horario diferente ao lectivo, que ofrece ao alumnado proposto polo centro e que sexa autorizado polas súas familias, unha atención persoal e individualizada que lles permita mellorar o seu rendemento escolar e acadar unha motivación positiva de cara ás súas aprendizaxes.

2.- Facemos constar que estas clases de apoio e reforzo non deben considerarse como clases particulares.

3.- Aos alumnos propostos polo centro se lles facilita dous impresos (aceptación ou renuncia) entregando debidamente cuberto e asinado o que corresponda.

4.- Nos próximos cursos estas clases de apoio de reforzo gratuítas comezarán a impartirse no mes de outubro.

5.- Impártense clases de apoio e reforzo das materias instrumentais (matemáticas, lingua castelá e lingua galega) e das materias de ciencias sociais e lingua inglesa.

6.- Impártense gratuitamente e coa finalidade de axudar a mellorar os resultados escolares daqueles alumnos que presenten algunhas dificultades na súa aprendizaxe.

7.- Os grupos deben estar constituídos por un número non inferior a 10 e non superior a 15 alumnos.

8.- Lévase control das faltas de asistencia. As familias xustificarán as faltas nun formulario proporcionado ao efecto. A xustificación das faltas de asistencia basearase na existencia de motivos obxectivos, debidamente concretados, especificados e aclarados, e non no mero coñecemento ou consentimento delas por parte dos pais ou titores. As reiteradas faltas de asistencia non xustificadas debidamente motivará a perda do dereito de asistir a estas clases de apoio e reforzo. Esta perda de dereito será comunicada á familia pola Dirección do centro.

9.- Durante todo o tempo de permanencia no centro os alumnos deben respectar as normas de convivencia e comportamento. De producirse comportamentos inadecuados os alumnos perderán o dereito de asistir a estas clases de apoio e reforzo. Esta perda de dereito será comunicada á familia pola Dirección do centro.

10.- Estas clases de apoio e reforzo gratuítas en horario diferente ao lectivo, son impartidas polo profesorado de Secundaria do centro e cóntase co servizo de transporte escolar e comedor.

Amosando do 1 ao 1 de 1
Reserva de praza

Pode interesarche...

  • Blogs escolares
  • Menu Comedor
  • Horario escolar
  • Calendario curso 2010/11
Logos institucionais