Admisión e Matriculación: acompañámoste en cada paso

Admisión e matriculación no Colexio Jaime Balmes: prazos, documentación e visitas personalizadas. 

Un proceso sinxelo, cercano e transparente.

En Infantil todo é descubrimento, curiosidade e emoción. 
No Colexio Jaime Balmes creamos unha contorna afectuosa, segura e estimulante onde cada neno e nena:

  • Explora.
  • Experimenta.
  • Se move.
  • Fala.
  • Convive.
  • E constrúe confianza en si mesmo.

O Proxecto Educativo define esta etapa como clave para o desenvolvemento persoal, e por iso poñemos todo o coidado en facer que cada día sexa especial. 

Como comezar o proceso?

1. Solicita información

Podes contactar connosco para recibir información personalizada sobre:

  • Etapas educativas.
  • Servizos.
  • Instalacións.
  • Vacantes.
  • Prazos oficiais.
  • Documentación.

2. Visita personalizada ao centro

Recomendamos concertar unha visita para coñecer:

  • Aulas e espazos exteriores.
  • Equipo docente.
  • O ambiente natural e tranquilo do centro.
  • O noso proxecto educativo.
  • Servizos como comedor, madrugadores ou transporte.

As visitas son individuais ou en pequenos grupos para garantir un acompañamento próximo. 

3. Presentación da solicitude

Unha vez aberta a convocatoria oficial pola Administración, indicámosche paso a paso:

  • Documentación habitual.
  • DNI/NIE da familia.
  • DNI/NIE do alumno/a.
  • Libro de familia.
  • Certificados que correspondan ao baremo.
  • Comprobantes de domicilio se é necesario.

O centro informa de todos os prazos con antelación a través de:

  • Web.
  • Alexia.
  • Taboleiro informativo.
  • Correo ás familias interesadas.

4. Resolución e admisión

Publicarase a listaxe definitiva segundo as datas establecidas pola Xunta de Galicia.  O centro notifica ás familias e resolve calquera dúbida sobre puntuación, prioridades ou criterios. 

5. Formalización da matrícula

Unha vez admitido o alumno/a, realizarase a matrícula entregando: 

  • Ficha de datos persoais.
  • Autorizacións.
  • Documentación sanitaria (se aplica). 
  • Elección de servizos.
  • Datos de contacto actualizados.

A secretaría axuda en todo o proceso. 

Prazos oficiais

Os prazos de admisión e matrícula publícanse cada ano segundo a normativa vixente (Xunta de Galicia).
Inclúen:

  • Prazo de solicitude.
  • Listaxe provisional.
  • Reclamacións.
  • Listaxe definitiva.
  • Período de matrícula.

Estarán dispoñibles nesta páxina e en Alexia.

Que ofrece o Colexio Jaime Balmes ás novas familias?

Ofrecemos un modelo educativo baseado en:

  • Educación integral.
  • Convivencia positiva.
  • Metodoloxías activas.
  • Educación emocional.
  • Plurilingüismo.
  • Natureza e benestar.
  • TIC integradas con sentido.
  • Atención individualizada.

E servizos exclusivos como:

  • Comedor con cociña propia.
  • Madrugadores.
  • Profesor de garda.
  • Reforzos educativos gratuitos.
  • Actividades extraescolares.
  • Transporte escolar. 

Por que o Jaime Balmes?

  • Máis de 80 anos educando en Noia.
  • Centro plurilingüe (galego, castelán, inglés, francés). 
  • Contorna natural e segura.
  • Excelente convivencia.
  • Equipo docente estable e vocacional.
  • Aulas TIC e Aulas Abalar.
  • Horta escolar, pavillón e espazos amplos.
  • Acompañamento emocional real.
  • Relación cercana coas familias. 
  • Educación inclusiva e personalizada.

Preguntas frecuentes (FAQ)

Hai visita previa obrigatoria? 

Non é obrigatoria pero é moi recomendable.

Podemos vir toda a familia? 
Si, serán benvidos.

O centro é concertado? 

Si, en todas as etapas.

Hai prazas suficientes? 

Depende de cada curso. Informamos persoalmente.

Como se xestiona o comedor? 

Temos comedor con cociña propia e adaptacións por saúde.

Hai servizo de madrugadores? 

Si, desde as 8:00 h.