O Colexio Jaime Balmes recibiu o pasado 26 de maio o Premio Galicia á Excelencia Educativa. O galardón foi entregado polo presidente de CECE Galicia, Alfonso García Sanmartín, nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia. E como non podía ser doutro xeito queremos compartir este recoñecemento con todos vós: alumnos, familias e docentes por ser parte desta comunidade educativa e facernos mellores cada día. A tod@s, grazas e parabéns!