O sorteo previsto para o luns 23 de marzo non poderá ter lugar polo estado de alarma.
Todos os que teñades boletos gardádeos.
Anunciaremos nova data en canto se restableza a normalidade.
Comunicámosvos que mentras dure a suspensión da actividade escolar, o Colexio Jaime Balmes non facturará ningún dos servizos recurrentes (comedor escolar, informática, madrugadores…).
Desde o departamento de Educación Física veñen propoñendo, vía a nosa aplicación Alexia, diferentes actividades sinxelas e a poder ser para facer en familia.
O noso alumnado recibirá cada día, pola mañá, varios comunicados dos profesores co traballo que debe realizar en cada materia (seguindo o horario habitual do día). Responderá ao comunicado, pode preguntarnos as dúbidas, pedir explicacións e enviar a tarefa realizada.