Aproveitando os días de sol de outono, o alumnado de 2º de Primaria saíu gozar dunha clase de ciencias ao aire libre e observar diversas características propias da estación: xogamos coas follas secas, miramos os castiñeiros, atopamos ourizos, castañas, cogomelos... e aprendemos vendo e tocando que o outono se viste coas cores amarela, marrón e laranxa.
A saída tamén se aproveitou para recoller castañas e landras para despois sembralas na aula.
Esperaremos con moita ilusión a que os nosos carballos e castiñeiros medren e logo levarémolos a algún lugar para replantar.
🌰🌳🐿🍁🍄
Podes ver tódalas fotos da saída na nosa galería e nas nosas redes sociais: Facebook e Instagram.