20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO
O pasado día 20 celebramos o Día Universal do Neno. Un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da súa importancia.
O alumnado de Infantil e Primaria estiveron traballando sobre o tema, facendo murais e distintas actividades plásticas para decorar aulas, corredores e accesos ao colexio de forma que a mensaxe chegue a todo o colectivo escolar.
Podedes ver que fixeron un traballo estupendo nas nosas redes sociais de Colexio: Facebook e Instagram
Coma sempre!!! 👩🦰👧👩🦱