Publicadas as bases no BOP da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello
Desde o concello de Noia comunícannos que saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria para o curso 2022-2023 das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria.
O prazo para presentar as solicitudes de ditas axudas comenza o 16 de xuño e remata o 7 de xullo de 2022 (ambos incluídos).
Achegamos a resolución que aproba a convocatoria para o curso 2022-2023 das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria , así como o modelo de solicitude . Recordar que no caso de que as axudas se soliciten para dos ou máis irmáns, deberá presentarse unha solicitude por cada alumno.
As solicitudes deberán presentarse, correctamente cubertas e coa documentación obrigatoria completa, a través do Rexistro de entrada ou da sede electrónica do Concello de Noia.
Lembren que no caso de que as axudas se soliciten para dos ou máis irmáns, deberá presentarse unha solicitude por cada alumno.