Seguir os protocolos de actuación no colexio implica renunciar a moitas cousas que foron parte habitual do día a día. Na aula de música tocou reinventarse: Que non podemos compartir instrumentos? Pois os creamos nós. 😊
Fátima, a profesora de música de 1º a 6º de Primaria, tivo a brillante idea de que os alumnos construísen os seus propios instrumentos.
As nenas e nenos dos diferentes cursos recolleron pedras polas instalacións do cole e fixeron maracas personalizadas con botellas de plástico reutilizadas.
Despois as decoraron e aquí tedes o resultado! 🎼