Jump to: Menu | Corpo | Pe

Buscador

máis opcións
menos opcións

Axenda

  1. Lu
  2. Ma
  3. Me
  4. Xo
  5. Ve
  6. Sa
  7. Do
  1. 29
  2. 30
  3. 31
  4. 1
  5. 2
  6. 3
  7. 4
  8. 5
  9. 6
  10. 7
  11. 8
  12. 9
  13. 10
  14. 11
  15. 12
  16. 13
  17. 14
  18. 15
  19. 16
  20. 17
  21. 18
  22. 19
  23. 20
  24. 21
  25. 22
  26. 23
  27. 24
  28. 25
  29. 26
  30. 27
  31. 28
  32. 29
  33. 30
  34. 31
  35. 1
Inicio > Servizos > Transporte escolar > Normas de convivencia no autobús    < volver

Transporte escolar

Normas de convivencia no autobús

Saber convivir é saber vivir

Observacións: Nos meses de setembro e xuño todos os alumnos saen do colexio ás 14:15 horas. Os alumnos de Infantil e Primaria chegarán aproximadamente 50 minutos mais tarde e os alumnos de Secundaria 15 minutos máis tarde do horario de chegada da mañá que figura na táboa.

Debido a que pode haber variacións nos horarios a causa do tráfico, os alumnos deben encontrarse nas paradas con suficiente antelación (mínimo 5 minutos).

O transporte das tardes para os alumnos de Secundaria refírese unicamente aos luns e mércores, únicos días que teñen clase pola tarde. A chegada ao mediodía dos venres, a partir do mes de outubro, ten lugar aproximadamente 45 minutos máis tarde.

Este día os autobuses dos alumnos de Infantil e Primaria saen do colexio ás 14:00 horas e os autobuses dosalumnos de Secundaria ás 14:50 horas.

Normas de convivencia no autobús:

1.- O transporte escolar é un servizo do centro que libremente é aceptado polas familias e que está a disposición de todos os alumnos.

2.- O itinerario e paradas márcanse tendo en conta o ben da maioría. Poderanse cambiar, previa solicitude dos pais, sempre e cando o cambio non prexudique a outras familias. Para que un alumno poida baixar nunha parada que non sexa a que emprega habitualmente, os pais deberán entregar unha nota asinada ao acompañante. O centro ten liberdade para variar os itinerarios e paradas, pensando sempre no ben da maioría.

3.- A orde, vixilancia e coidado dos alumnos é responsabilidade do acompañante.

4.- Os alumnos deben mostrarse respectuosos con todos os demais alumnos que lle acompañan.

5.- Estarase sempre na parada á hora indicada. O autobús non pode esperar porque prexudicaría aos demais.

6.- Deben coidar o autobús e mantelo limpo. No se pode comer nin mascar chicle.

7.- Estarán sempre ben sentados e non se levantarán porque pode perigar a integridade propia e a dos demais compañeiros.

8.- Non se pode berrar, dicir palabras malsoantes ou ter unha conduta irreverente porque, entre outras cousas, dáse mal exemplo aos mais
pequenos.

9.- Non se pode desobedecer as ordes do acompañante. No caso de desacordo, solicitarase falar con el nun momento e lugar axeitados. De persistir o problema expoñerase a queixa na Dirección do centro.

A transgresión grave ou reiterada das normas anteriores ten o mesmo tratamento en canto ás sancións que as actividades lectivas desenvolvidas no centro, podéndose aplicar as correccións previstas nas normas de convivencia, incluso privarlles do uso do transporte temporal ou definitivamente.