Jump to: Menu | Corpo | Pe

Buscador

máis opcións
menos opcións

Axenda

  1. Lu
  2. Ma
  3. Me
  4. Xo
  5. Ve
  6. Sa
  7. Do
  1. 26
  2. 27
  3. 28
  4. 29
  5. 30
  6. 31
  7. 1
  8. 2
  9. 3
  10. 4
  11. 5
  12. 6
  13. 7
  14. 8
  15. 9
  16. 10
  17. 11
  18. 12
  19. 13
  20. 14
  21. 15
  22. 16
  23. 17
  24. 18
  25. 19
  26. 20
  27. 21
  28. 22
  29. 23
  30. 24
  31. 25
  32. 26
  33. 27
  34. 28
  35. 29
  36. 30
  37. 1
  38. 2
  39. 3
  40. 4
  41. 5
  42. 6
Inicio > Servizos > Comedor escolar > Normas do Comedor    < volver

Comedor escolar

Normas do Comedor

Os usuarios do comedor han de comportarse correctamente. Isto implica hábitos correctos co material e os alimentos e actitude respectuosa cos demais comensais.

  • Considérase horario de comedor dende a finalización da xornada lectiva da mañá ata a iniciación da xornada de tarde.
  • Durante este tempo non se poderá permanecer nas aulas.
  • Queda totalmente prohibido abandoar o recinto do Colexio (o portalón de acceso permanecerá pechado en todo momento).
  • Os alumnos deberán entender que os vixiantes do comedor son os responsables durante este tempo, de tal maneira que respectarán e obedecerán as súas indicacións.
  • Todos os meses entregaráselles a todos os usuarios do comedor o menú, que deberán entregar ós seus pais. Pode haber algunha pequena modificación, debido a algún reaxuste na organización do servizo.
  • Todos os alumnos comerán o mesmo. Cando algún alumno non poida comer algo por motivos de saúde, será obriga dos pais presentalo por escrito ó encargado do comedor.
  • Os alumnos como medida de hixiene, lavarán as mans antes de entrar a comer. Sería recomendable que trouxesen cepillo e pasta de dentes.
  • Haberá dúas quendas de comedor: unha para infantil e primaria e outra para Secundaria.
  • Terase un volume de voz moderado e comerase de todo en cantidade prudencial e coa debida educación e respecto cara ós demais. Os alumnos permanecerán sentados ata que os vixiantes de comedor llelo indiquen.
  • Rematada a comida os alumnos poderán utilizar unicamente estes espazos:
    • Zona infantil: alumnos de infantil e 1º de primaria.
    • Pista deportiva superior: alumnos de 2º e 3º de primaria.
    • Pista deportiva inferior e parque: alumnos de 4º a 6º de primaria
    • Pavillón polideportivo: alumnos de Secundaria.
    • En días de chuvia ou frío, os alumnos de infantil e 1º de primaria irán á sá de audiovisuais e o resto ó polideportivo. Aquí, os de primaria ocuparán a pista e os de Secundaria as bancadas.
  • Sempre haberá persoal vixiando ós alumnos nas distintas dependencias.
  • Os alumnos comportaranse de forma disciplinada, de acordo co regulamento de réxime interno. Poderanse aplicar todas as correccións previstas, incluso privarlles do uso do comedor temporal ou definitivamente.