Jump to: Menu | Corpo | Pe

Buscador

máis opcións
menos opcións

Axenda

  1. Lu
  2. Ma
  3. Me
  4. Xo
  5. Ve
  6. Sa
  7. Do
  1. 27
  2. 28
  3. 29
  4. 30
  5. 1
  6. 2
  7. 3
  8. 4
  9. 5
  10. 6
  11. 7
  12. 8
  13. 9
  14. 10
  15. 11
  16. 12
  17. 13
  18. 14
  19. 15
  20. 16
  21. 17
  22. 18
  23. 19
  24. 20
  25. 21
  26. 22
  27. 23
  28. 24
  29. 25
  30. 26
  31. 27
  32. 28
  33. 29
  34. 30
  35. 31
Inicio > Servizos > Comedor escolar    < volver

Comedor escolar

A saúde entra pola boca

O colexio dispón de cociña propia, na que a cociñeira elabora diariamente un menú equilibrado e baseado no emprego de produtos naturais de primeira calidade. O obxectivo é ofrecer unha alimentación sá e, polo tanto, adaptada ás necesidades nutricionais dos nosos alumnos. No caso de que un alumno presente razóns médicas que requiran unha dieta específica, terá un menú acorde ás súas necesidades.

Ademais, os profesores acompañan aos alumnos e procuran educalos nos bos hábitos e costumes na mesa.


Por outra parte, os pais reciben todos os meses o menú, de maneira que están ao corrente do que comen os seus fillos.


A comida sérvese en dúas quendas:
• Infantil e Primaria
• E.S.O.


Os prezos mensuais son os seguintes:
Educación Infantil e Educación Primaria: 80 euros alumno/mes.
Educación Secundaria Obrigatoria: 32 euros alumno/mes.


E as familias pódense beneficiar do apoio do centro co estas axudas:
• Dous irmáns do mesmo nivel educativo no comedor, un paga o 60%.
• Dous irmáns de distinto nivel educativo no comedor, o de maior nivel paga o 60%.
• Tres ou máis irmáns no comedor, gratuíto o de menor nivel educativo.

Amosando do 1 ao 2 de 2
Imaxe de Menú do Comedor

Menú do Comedor

Dispoñen anticipadamente do menú de comedor tanto por escrito como na páxina web do Colexio.

Normas do Comedor

Os usuarios do comedor han de comportarse correctamente. Isto implica hábitos correctos co material e os alimentos e actitude respectuosa cos demais comensais.

Pode interesarche...

  • Blogs escolares
  • Menu Comedor
  • Horario escolar
  • Calendario curso 2010/11