Estudantes de 5° e 6° tamén argallaron o seu propio proxecto no marco do #Rastrexando.
Divididos en catro grupos, as alumnas e alumnos tiveron que superar 15 probas para conseguir as pezas dun puzzle común. Tras realizalas con éxito, cada clase aportou o seu gran de area para realizar o mural final.
Parabéns polo traballo!