Jump to: Menu | Corpo | Pe

Buscador

máis opcións
menos opcións

Axenda

  1. Lu
  2. Ma
  3. Me
  4. Xo
  5. Ve
  6. Sa
  7. Do
  1. 27
  2. 28
  3. 29
  4. 30
  5. 31
  6. 1
  7. 2
  8. 3
  9. 4
  10. 5
  11. 6
  12. 7
  13. 8
  14. 9
  15. 10
  16. 11
  17. 12
  18. 13
  19. 14
  20. 15
  21. 16
  22. 17
  23. 18
  24. 19
  25. 20
  26. 21
  27. 22
  28. 23
  29. 24
  30. 25
  31. 26
  32. 27
  33. 28
  34. 29
  35. 30
Inicio > O Colexio > Historia    < volver

Historia

O Colexio comeza a súa andadura no ano 1941 e hoxe en día continúa formando ós xoves e cativos da Vila de Noia e arredores.

Foto de Don Andrés Manjón


O día 1 de outubro do ano 1941 don Gerardo Miguéns Villanustre fundou o colexio “Andrés Manjón”, coñecido tamén polo nome popular de “Academia de don Gerardo”.

Cando abriu as súas portas estaba situado no nº 49 da Corredoira (rúa de Luis Cadarso).

A imaxe da esquerda correspóndese con D. Gerardo Miguéns Villanustre
Fundador do centro

 

No ano 1949, o colexio trasladouse ó Curro, cambiando o seu nome polo de “Academia Balmes”.

Ademais dos estudos Primarios e Bacharelato impartíase a preparación por libre de alumnos e alumnas de Maxisterio.

No ano 1962 don Gerardo Miguéns Villanustre deixou o cargo de director ó seu fillo Manuel Miguéns Roo, cargo que ostentou ata o ano 2004.

A imaxe da dereita correspondese coa Casa da Corredoira onde estaba a
"Academia de Don Gerardo".

 


O centro funcionou na rúa Felipe de Castro (Curro) desde o ano 1949 con carácter provisional, sendo elevada a definitiva a súa autorización o 11 de xullo de 1966, concedéndoselle con data 30 de novembro de 1970 o aumento a tres unidades e o traslado á Avenida de San Lázaro.

Obtivo a transformación e clasificación condicionada para 8 unidades de Educación Xeral Básica o 8 de xaneiro de 1975 sendo o seu titular don Gerardo Miguéns Villanustre.

Con data 5 de marzo de 1980, o Ministerio de Educación autorizou o cambio de titularidade a favor de Colexio Jaime Balmes, S.L.


A imaxe que figura a esquerda correspóndese co Edificio da familia Cadarso situado no curro, onde estivo a Academia Balmes.

Tendo en conta o incremento de solicitudes de matrícula e as necesidades de escolarización da zona, chegouse a conclusión de que era necesario construír un edificio que dispuxese da amplitude necesaria e das instalacións adecuadas para as necesidades educativas actuais.

Por Real Decreto de 21 de marzo de 1980 foi declarado de "Interese Social Preferente", sendo inaugurado o novo edificio, coas instalacións correspondentes, no mes de outubro de 1980.

 

A imaxe da dereita correspóndese con D. Manuel Miguéns Roo Director do centro durante 42 anos

 

 

 

 

 

 

Na imaxe de arriba aparecen alumnos e profesores da Academia Balmes do Curso 1951-1952.
 

Por Orde Ministerial de 18 de decembro de 1980 obtivo a transformación e clasificación definitiva en Centro de Educación Xeral Básica de 16 unidades e capacidade para 640 postos escolares.


Ao longo destes anos e con motivo de adaptarse ás distintas leis educativas, o centro obtivo novas transformacións xurídicas, tendo na actualidade autorización e configuración definitiva coa seguinte composición resultante:
a) Centro de Educación Infantil: 6 unidades.
b) Centro de Educación Primaria: 12 unidades.
c) Centro de Educación Secundaria:
- 8 unidades de Educación Secundaria Obrigatoria.
- 4 unidades de Bacharelato.
Colexio "JAIME BALMES"
Vista aérea das actuais instalacións
 

Reserva de praza

Pode interesarche...

  • Blogs escolares
  • Menu Comedor
  • Horario escolar
  • Calendario curso 2010/11