Jump to: Menu | Corpo | Pe

Buscador

máis opcións
menos opcións

Axenda

  1. Lu
  2. Ma
  3. Me
  4. Xo
  5. Ve
  6. Sa
  7. Do
  1. 27
  2. 28
  3. 29
  4. 30
  5. 31
  6. 1
  7. 2
  8. 3
  9. 4
  10. 5
  11. 6
  12. 7
  13. 8
  14. 9
  15. 10
  16. 11
  17. 12
  18. 13
  19. 14
  20. 15
  21. 16
  22. 17
  23. 18
  24. 19
  25. 20
  26. 21
  27. 22
  28. 23
  29. 24
  30. 25
  31. 26
  32. 27
  33. 28
  34. 29
  35. 30
Inicio > O Colexio    < volver

O Colexio

Compracenos ofrecerlles 10 boas razóns para a elección do noso centro escolar para os seus fillos:

1. Calidade do ensino. O colexio JAIME BALMES aposta por un bo proxecto educativo. O seu obxectivo non é só ensinar, senón educar en valores democráticos, de cooperación e solidarios.

2. Oferta educativa. O centro imparte as ensinanzas de Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria e dispón de aula de audición e linguaxe/pedagoxía terapéutica e de servizo de orientación. Ademais este centro forma parte do proxecto ABALAR, proxecto da Consellería de Educación para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia

 3. Clases de reforzo. Coa finalidade de ofrecer ó alumnado unha atención complementaria e directa que lles poida axudar no proceso educativo, o centro imparte clases de reforzo gratuítas ampliando o horario escolar nos niveis de Infantil, Primaria e Secundaria. En Inglés impártense clases de reforzo de dinámica de conversación.

4. Promoción da actividade física e o deporte como base para a educación. O colexio ofrece unha ampla oferta de actividades físicas e deportivas extraescolares, organiza competicións internas e participa en diversas saídas deportivas.

5. Actividades extraescolares e servizos complementarios. Dentro da xornada escolar do centro ofrécese unha variada oferta de actividades: clases de informática, danza, baloncesto, fútbol, taekwondo, xadrez, xogos, inglés (Kith English Institute - www.kith.eu). Tamén se ofrece natación (ANPA) fóra da xornada escolar. Pensando nas necesidades das familias o colexio dispón duns bos servizos complementarios de comedor escolar (cociña de elaboración propia), de transporte escolar e de gardería infantil.

6. As instalacións ou infraestruturas. O noso centro dispón dunha superficie de terreo de 37.000 m2 con magníficas instalacións: pavillón polideportivo, patio infantil, pistas polideportivas descubertas, parque recreativo de 1.500 m2, zona lúdico-deportiva de 7.000 m2

7. Unha boa comunicación e relación coas familias. Aparte das vías ordinarias de comunicación, o colexio dispón da web do centro, da plataforma dixital Alexia e do espazo ABALAR na que os titores ofrecen información diaria ós alumnos e ás familias.

8. Un equipo de profesionais que busca a formación integral do alumnado. Un profesorado competente, estable e coordinado que segue a evolución dos alumnos curso tras curso. Ademais acompáñanos e guíanos nas actividades extraescolares e nas saídas escolares, favorecendo o compañeirismo, a convivencia e o respecto.

9. Educación baseada na protección e defensa da Natureza. Grazas á nosa contorna natural o centro participa en programas de recuperación e defensa do medio ambiente (Programa Voz Natura e outros).

10. Os nosos alumnos desde que acceden ó centro e ata que saen, no autobús, nas competicións deportivas, etc. están sempre acompañados polo profesorado.


Desexamos que disfrutedes da vosa visita ó noso sitio web.

A Dirección

Reserva de praza

Pode interesarche...

  • Blogs escolares
  • Menu Comedor
  • Horario escolar
  • Calendario curso 2010/11