Jump to: Menu | Corpo | Pe

Buscador

máis opcións
menos opcións

Axenda

  1. Lu
  2. Ma
  3. Me
  4. Xo
  5. Ve
  6. Sa
  7. Do
  1. 31
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. 8
  10. 9
  11. 10
  12. 11
  13. 12
  14. 13
  15. 14
  16. 15
  17. 16
  18. 17
  19. 18
  20. 19
  21. 20
  22. 21
  23. 22
  24. 23
  25. 24
  26. 25
  27. 26
  28. 27
  29. 28
  30. 29
  31. 30
  32. 31
  33. 1
  34. 2
  35. 3
Inicio > Actualidade > Noticias > Xeral > O presidente da Xunta entregounos o premio Galicia    < volver

Noticias

O presidente da Xunta entregounos o premio Galicia

O colexio na festa Voz Natura

3 de xuño de 2012 por A dirección
Foto

O sábado 2 de xuño,  alumnos, profesores e equipo directivo do colexio asistimos á festa de Voz Natura, en Acea de Ama, onde recollemos o premio ao mellor proxecto de Galicia. Ao acto asistiron: o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; os conselleiros de Educación, Jesús Vázquez; de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato; así como o presidente da Deputación, Diego Calvo; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez;  o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán de Diego; o presidente da Corporación Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández - Latorre e o coordinador do comité científico de Voz Natura, José Antonio Díaz. Obradoiros , atraccións e espectáculos musicais crearon un ambiente de lecer no que os rapaces participaron activamente. Pola nosa parte, vivimos 3 momentos especialmente significativos nesta data tan sinalada para o Centro: en primeiro lugar, a lectura dun texto representativo do noso labor ao longo do presente curso ante o presidente da Xunta, por parte de María Miguéns e Abraham Rial ;  a continuación, a recollida do premio Galicia , tamén das mans do presidente, por parte do coordinador do proxecto, Alfredo Suárez, e dos alumnos Laura Lema e Jairo Tubío e, por último, a subida ao escenario dos nosos rapaces, para as fotos do grupo dos gañadores. Grazas: a Voz Natura por valorar o noso esforzo; ao presidente da Xunta e ao presidente de Voz de Galicia polo trato amable cos nenos; a María, Abraham, Laura e Jairo pola súa responsabilidade no traballo que lles encomendamos e a todos os rapaces asistentes pola súa actitude de colaboración e celebración. Sodes o noso orgullo.

Le a noticia na Voz de Galicia
 

Máis fotos  da festa de Voz Natura e a reportaxe de V Televisión

 

Fonte:
Web da Xunta de Galicia