Jump to: Menu | Corpo | Pe

Buscador

máis opcións
menos opcións

Axenda

  1. Lu
  2. Ma
  3. Me
  4. Xo
  5. Ve
  6. Sa
  7. Do
  1. 25
  2. 26
  3. 27
  4. 28
  5. 1
  6. 2
  7. 3
  8. 4
  9. 5
  10. 6
  11. 7
  12. 8
  13. 9
  14. 10
  15. 11
  16. 12
  17. 13
  18. 14
  19. 15
  20. 16
  21. 17
  22. 18
  23. 19
  24. 20
  25. 21
  26. 22
  27. 23
  28. 24
  29. 25
  30. 26
  31. 27
  32. 28
  33. 29
  34. 30
  35. 31
Inicio > Actualidade > Noticias > Xeral > Carta de agradecemento de Cáritas Noia    < volver

Noticias

Carta de agradecemento de Cáritas Noia

10 de xaneiro de 2019 por
Foto

Porque o noso compromiso é educar en valores, estamos moi agradecidos de recibir cartas como esta de Cáritas Noia, na que se recoñece todo o labor realizado na campaña de Nadal. Un recoñecemento que queremos facer extensible a todos os que formades parte do Colexio Jaime Balmes porque sen vós nada disto sería posible.
A continuación reproducimos a carta enviada desde Cáritas Noia á dirección do centro:


"Desde Cáritas de Noia queremos agradecer a colaboración do Colexio Jaime Balmes na campaña de Nadal e expresarlle tanto á dirección do colexio, profesores, nais/pais e dun xeito especial a todas/os alumnos o gran traballo realizado coa participación tanto no Belén vivente como na recollida de alimentos que fixeron posible que neste Nadal as 104 familias atendidas puideran dispor do necesario para poder compartir un Nadal más solidario e no que sentiron o achegamento das persoas que forman parte dese gran centro escolar que a través da súa xenerosidade e caridade conseguiron derrubar o muro da pobreza, a marxinación e a exclusión social dunhas persoas que se atopan tan preto de nós que non os vemos.
Neste Nadal, o colexio foi parte do noso compromiso e todos os que formades parte del sodes unha gran familia implicada na mellora da sociedade a través da solidariedade e caridade cos máis necesitados.
Grazas de corazón de parte de tod@s os que formamos esta gran familia de Cáritas de Noia e que o voso exemplo sirva para seguir loitando por un mundo mellor e máis xusto".
O Director de Cáritas Noia.
Juan Carlos Pérez Oviedo.