As aulas de 5º de Primaria do Colexio Jaime Balmes viviron un día moi científico. A xornada arrancou na sede de MeteoGalicia en Santiago, onde as alumnas e alumnos visitaron a sala de predicción para despois preparar e lanzar un globo de radiosondaxe co que os meteorólogos realizan diversas medicións na estratosfera. O noso chegou ata a comarca do Deza como consecuencia dos ventos do noroeste en altura. A segunda parada tivo lugar no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, que acolle un conxunto patrimonial do século XIX, con pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio natural.